Ir a Home Mutua Madrileña
Seleccione: Castellano Català Euskera Galego València English
  Tamaño do texto textotamaño textotamaño
textotamaño textotamaño
Plans de Pensións

Mutuactivos Pensións SA S.G.F.P. é a Xestora de Plans e Fondos de Pensións do Grupo Mutua Madrileña. Ofrécelle a experiencia dun grupo sen outros intereses có dos seus mutualistas, asegurándolles que o seu diñeiro vaise investir en óptimas condicións de rendibilidade, seguridade e eficiencia.

Mutuactivos Pensións constituíuse no ano 1989 co obxectivo de xestionar os compromisos por pensións dos empregados do Grupo Mutua Madrileña. A partires de 2003 iníciase a xestión e comercialización de Plans de Pensións Individuais.

PRINCIPIOS DE XESTIÓN

Aliñamento de intereses cos nosos clientes.

Unha parte significativa do patrimonio xestionado por Mutuactivos corresponde ao Grupo Mutua Madrileña. Os nosos clientes invisten nos mesmos fondos mediante os que Mutua Madrileña canaliza o seu esforzo inversor.

Xestión verdadeiramente activa e independente.

Política de investimento co obxectivo de identificar sistematicamente o valor a bo prezo, sen condicionamentos externos, apoiados na independencia total do Grupo Mutua Madrileña.

Estrito control do risco.

Punto de partida do noso proceso inversor: rendibilidade axustada a cada nivel de risco.

Somos un proveedor eficiente de solucións de aforro e investimento

Ausencia de rede comercial “retribuída”, que permite aplicar as comisións de xestión máis competitivas do mercado.

ACTIVOS XESTIONADOS

O patrimonio total xestionado por Mutuactivos Pensións en previsión social acadou os 119 millóns de euros en xuño de 2006. Deste importe, un 29% corresponde ao Sistema Individual e o 71% restante ao Sistema Emprego e Colectivos.

Os activos xestionados en pensións creceron dende os 31,5 millóns de euros en 2002 ata os 119 millóns en xuño de 2006. Este crecemento tradúcese nunha cifra anualizada superior ao 39%, fronte á media do 11,3% no sector.

Contacto Delegacións Mapa Web   © Mutua Madrileña