Ir a Home Mutua Madrileña
Seleccione: Castellano Català Euskera Galego València English
  Tamaño do texto textotamaño textotamaño
textotamaño textotamaño
FONDOS DE INVESTIMENTO

MUTUACTIVOS SA, SGIIC é a xestora de fondos de investimento de Mutua Madrileña. Nace en 1985 co obxectivo de xestionar e administrar o patrimonio financeiro do grupo mediante fondos de investimento.

En 1987 fúndase MUTUACTIVOS SV como unidade comercializadora co obxectivo de facilitar o acceso de mutualistas e terceiros inversores a eses mesmos Fondos de Investimento.

PRINCIPIOS DE XESTIÓN

Aliñamento de intereses cos nosos clientes.

Unha parte significativa do patrimonio xestionado por Mutuactivos corresponde ao Grupo Mutua Madrileña. Os nosos clientes invisten nos mesmos fondos mediante os que Mutua Madrileña canaliza o seu esforzo inversor.

Xestión verdadeiramente activa e independente.

Política de investimento co obxectivo de identificar sistematicamente o valor a bo prezo, sen condicionamentos externos, apoiados na independencia total do Grupo Mutua Madrileña.

Estrito control do risco.

Punto de partida do noso proceso inversor: rendibilidade axustada a cada nivel de risco.

Concentración e diversificación.

Diriximos o noso esforzo na xestión dun número limitado de produtos que, non obstante, ofrece un grao axeitado de diversificación por sectores, activos e áreas xeográficas. O noso obxectivo principal é o de xestionar, non "colocar".

Somos un provedor eficiente de solucións de aforro e investimento.

Ausencia de rede comercial “retribuída”, que permite aplicar as comisións de xestión máis competitivas do mercado.

ACTIVOS XESTIONADOS

O patrimonio total xestionado por Mutuactivos en fondos de investimento acada os 2.500 millóns de euros en xuño de 2006, dos que un 48% corresponde a clientes externos (institucións, distribuidores e persoas físicas).

Os activos xestionados por Mutuactivos para clientes creceron dos 311 millóns de euros en 2000 ata os 1.211 millóns en maio de 2006. Este crecemento tradúcese nunha cifra anualizada de preto do 25%, fronte á media do 4% no sector.

Contacto Delegacións Mapa Web   © Mutua Madrileña