Ir a Home Mutua Madrileña
Seleccione: Castellano Català Euskera Galego València English
  Tamaño do texto textotamaño textotamaño
textotamaño textotamaño
SEGUROS DE vida

Mutua Madrileña ofrécelle a solidez dunha compañía de longa experiencia aseguradora sen outros intereses cós dos seus mutualistas.

O noso obxectivo é ofrecer seguridade e tranquilidade a un prezo competitivo mediante os nosos seguros de vida, e o mellor rendemento co menor risco nos nosos seguros de aforro.

Ademais, segundo as distintas modalidades, entre un 80% e un 90% dos excedentes xerados na xestión dos produtos do sector de Vida reverten nos asegurados mediante a Participación nos Beneficios.

Todo iso cuns gastos mínimos e aproveitando as vantaxes fiscais dos seguros de vida.

NOSOS PRODUTOS


  1. Seguro de Vida Protección Familiar
  2. Seguro de Vida para a Amortización de Empréstitos
  3. Plan de xubilación
  4. Plan de Previsión Asegurado
  5. Seguro de vida Unit Linked
  6. Seguro de vida Colectivos
 

1. SEGURO DE VIDA PROTECCIÓN FAMILIAR:

Un seguro de vida é o xeito de manter o nivel económico do que agora gozan os que máis queremos. O Seguro de Vida Protección Familiar é a mellor opción xa que non só proporciona aos seus unha estabilidade futura, senón que vostede mesmo vaise beneficiar duns descontos de ata o 25%.

Ademais, e de xeito gratuíto, conta cunha segunda opinión médica internacional mediante Best Doctors en caso de enfermidade grave para o asegurado e a súa familia.

  arriba

2. SEGURO DE VIDA PARA A AMORTIZACIÓN DE EMPRÉSTITOS:

Mediante esta modalidade, vai asegurar cada ano un capital que vai coincidir coa cantidade pendente de amortizar da súa hipoteca ou empréstito persoal. Gozará tamén da Participación nos Beneficios mediante descontos de ata o 25% da prima e do acceso gratuíto á segunda opinión médica internacional sobre enfermidades graves.

  arriba

3. PLAN XUBILACIÓN:

O Plan de Xubilación é un atractivo sistema de aforro que combina unha rendibilidade asegurada e unha rendibilidade adicional pola Participación nos Beneficios e que acada ata o 90% dos excedentes desta modalidade de seguro.

Este seguro, independente da data de xubilación, destaca pola súa seguridade, flexibilidade e liquidez inmediata, todo iso coas vantaxes fiscais dos seguros de vida.

  arriba

4. PLAN PREVISIÓN ASEGURADO:

O noso seguro de aforro Plan de Previsión Asegurado, comparte cos Plans de Pensións as vantaxes fiscais e ten por obxecto crear un aforro destinado a cubrir as prestacións de xubilación, invalidez e falecemento.

  arriba

5. SEGURO DE VIDA UNIT LINKED:

Un Plan de Aforro vinculado aos Fondos de Investimento, pensado para quen desexe gozar da tranquilidade dun seguro de vida e a rendibilidade dos Fondos.

O tomador establece o risco que quere asumir e Mutua xestiona o investimento para obter en cada momento a maior rendibilidade posible segundo a evolución dos mercados.

  arriba

6. SEGURO DE VIDA COLECTIVOS:

O seguro de Vida Colectivo, dá cobertura a un grupo de persoas vinculadas previamente por calquera interese en común.

Mediante unha única póliza o colectivo queda cuberto en caso de falecemento ou invalidez, ou ben pódese establecer un sistema de aforro.

Dependendo da modalidade, inclúese a Participación nos Beneficios que favorece economicamente tanto ao tomador, como ao asegurado e aos seus beneficiarios.

  arriba
Contacto Delegacións Mapa Web   © Mutua Madrileña